Markus céntrase na estratexia de contidos, o deseño e o desenvolvemento de proxectos. Traballou come editor para Blackwell Publishing Ltd no Reino Unido. A cargo da división de publicacións profesionais publicou máis de 500 revistas en inglés, francés e alemán.
Vivimos nunha época onde a información rodéanos. A calidade dos contidos e o seu deseño é o que fará que a nosa mensaxe chegue a destino.
A súa experiencia xestionando publicacións dótalle dunha excelente capacidade para achegar calidade aos contidos independentemente da temática tratada. Podes ver o seu perfil en LinkedIn.
Licenciada pola universidade de Santiago de Compostela e doutorada pola universidade de Oxford, leva desde o ano 2002 creando contidos especializados e de alta calidade. A súa carreira profesional levouna a traballar en Francia, Reino Unido e España para consultorías como Frost & Sullivan ou Kline Group, realizando proxectos para clientes corporativos como DuPont de Nemours, BASF ou Huntsman.
Cada proxecto é un reto e exceder os obxectivos que marca o cliente énchenos de satisfacción
A súa experiencia en redes sociais e blogues permítelle aconsellar aos clientes cunha visión estratéxica e global. Podes consultar o seu perfil en LinkedIn.
Ao longo dos anos en agalip establecemos unha rede de colaboradores en ámbitos moi diversos. Desde animadores en 3D a xornalistas especializados pasando por fotógrafos e operadores de cámara, en agalip contamos con profesionais ao noso alcance para levar a cabo calquera tipo de proxecto.
Tiven a sorte de traballar para agalip nun proxecto. Sorprendeume a profesionalidade e culto polo detalle. É destacable tamén a súa dispoñibilidade a escoitar melloras ou opinións sobre o proxecto. En canto ao trato persoal, sentinme desde o primeiro momento integrado no seu grupo.
Manuel García García, fundador de NikoNiko Mobile.