Proxecto: Guía sobre o embarazo
Cliente: agalip
Idea: Crear o contido e maila imaxe dunha guía sobre o embarazo con información práctica, actual e accesible para todo tipo de público. Conseguir anunciantes para a súa financiación e tendas especializadas para a súa distribución.
Proxecto: Catálogo dixital para a exposición María Xosé Díaz 1980/2010
Cliente: Auditorio de Galicia/Concello de Santiago de Compostela
A idea: O Auditorio de Galicia requiría o deseño, contidos e implementación dun catálogo dixital para a exposición retrospectiva de María Xosé Díaz. Parte destacada do briefing era a necesidade de fuxir da herdanza do papel para aproveitar ao máximo o novo formato empregado.
Read more →
Proxecto: Creación portal corporativo
Cliente: Centro Superior de Hostelería de Galicia, CSHG.
Idea: O CSHG necesitaba un portal web para presentar de forma clara toda a información sobre o centro: equipo docente, cursos, instalacións, etc. Queríase apostar pola publicación de novas sobre o centro e o sector.
Proxecto: redeseño mundomaterial
Idea: Mundomaterial é un blogue sobre materiais innovadores. É un proxecto propio de agalip, e máis concretamente de Lucía Castro Díaz, que emprega parte dos seus coñecementos do mundo da consultoría estratéxica para crear os contidos. Un ano despois da súa publicación necesitaba unha reordenación do contido producido, tendo en conta os tipos de público obxectivo: estudantes, profesionais da industria química e curiosos.
Read more →
Proxecto: Investigación do mercado do viño para Brandsadvance.
Cliente: Brandsadvance, marketing estratéxico para empresas no sector do viño.
Idea: Co propósito de crear un plan de marketing estratéxico para o seu cliente, Brandsadvance necesitaba avaliar varios mercados estratéxicos, para coñecer a súa importancia, o seu potencial e as principais tendencias de mercado.