Confiaron en nós

DEIXANOS MOSTRARCHE QUE PODEMOS FACER POR TI

LMC International

LMC International

LMC International é unha empresa de consultoría e investigación de mercados global especializada en materias primas renovables.

agalip reforzou o equipo interno de LMC en varios proxectos de consultoría para clientes, realizando estudos de mercado e análise estratéxica.

Boottle

Boottle

Boottle é unha web de venta de viño, un proxecto que busca xuntar a compradores e bodegas ao redor dunha plataforma de venta directa. O que distingue a Boottle é a súa intención de facer as cousas dun xeito diferente, ofrecendo excelencia na súa atención aos clientes e un trato xusto a bodegas pequenas.

En agalip realizamos varias campañas de marketing online para dar a coñecer a tenda de viño online con máis personalidade da rede.

Secretaría Xeral da Igualdade

Secretaría Xeral da Igualdade

Na Secretaría Xeral da Igualdade traballan para que na nosa sociedade todas as persoas, mulleres e homes, póidanse desenvolver libremente baseándose no respeto mutuo para acadar as súas aspiracións.

Para a S.X.I. agalip realizou o último número da súa revista Xenia, dende a redacción dos contidos, tanto textos como imaxes, ata o deseño e maila maquetación. A revista está dirixida ao público preuniversitario, co obxectivo de que sexa utilizada como material de orientación de cara á elección de estudos por parte de rapazas e rapaces dos últimos anos de ensino secundario.

Auditorio de Galicia

Auditorio de Galicia

O Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela é un punto de referencia obrigada para a cultura musical e artística de Galicia.

agalip realizou un catálogo dixital, xunto con contido audiovisual e promoción dunha exposición.

Brandsadvance

Brandsadvance

Brandsadvance, compañía de marketing estratéxico centrada no sector do viño a nivel mundial.

agalip redactou un estudo que englobaba seis mercados internacionais para axudar no deseño dun plan estratéxico de mercadotecnia. Máis detalles aquí.

Lucus Spa

Lucus Spa

Lucus Spa, empresa de servizos ao coidado da imaxe e a saúde.

agalip implementou o seu CRM e tamén deseñou as súas tarxetas de visita.

AGOn

AGOn

AGOn, Asociación Galega de Onomástica, dedícase ao estudo dos nomes de persoas e lugares, que forman parte do noso legado cultural.

agalip realizou a maquetación do libro O padrón de San Clodio de 1580 de Froitos Fernández González.

Consello da Cultura Galega

Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega dedícase á defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. Está composto por representantes de entidades e por personalidades dos diversos campos da cultura galega.

En agalip realizamos a maquetación do libro De verbo a verbo de Ana Boullón Agrelo e Henrique Monteagudo.

CSHG

CSHG

O Centro Superior de Hostalaría de Galicia, CSHG, é un centro de ensino superior que forma directivos hostaleiros e xestores en cociña. Desde 1995 o CSHG formou 1.200 directivos que desenvolven a súa labor en empresas hostaleiras e turísticas de todo o mundo.

Para o CSHG agalip realizou a súa páxina web nun primeiro momento e logo creamos contidos tanto para o portal como para as redes sociais que lles xestionamos entre os anos 2009 e 2010.

Restaurante El Olivo

Restaurante El Olivo

Restaurante El Olivo, en Santiago de Compostela. Neste restaurante atoparedes comida creativa e tradicional, onde poñen un coidado especial en todos os seus pratos e que recomendamos a calquera que visite a nosa cidade.

agalip deseñou para eles as súas tarxetas de visita e a súa páxina web, na que tamén realizamos un vídeo promocional e fotografías dos seus mellores pratos.

Frost & Sullivan

Frost & Sullivan

Frost & Sullivan, provedores de información especializada centrados no crecemento dos seus clientes.

agalip realizou diversos estudos de mercado e colaborado en varios proxectos de consultoría.

GIS-t

GIS-t

O grupo de Investigación Sociedade Tecnoloxía e Territorio, GIS-t, forma parte do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela. O seu obxectivo principal é contribuír ao desenvolvemento sustentable de Galicia e á súa proxección internacional no social, económico e territorial dentro da sociedade da información.

agalip realizou para o Gis-t carteis promocionais para unhas xornadas que estaban a organizar.

ILG

ILG

O Instituto da Lingua Galega, ILG,  é un centro de investigación lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.

agalip realizou para o ILG o deseño e maquetación de varias publicacións e tamén material promocional como pósters e programas de congresos.

The Kline Group

The Kline Group

The Kline Group, consultoría e investigación de mercados global. Centrada especialmente na industria química, os materiais e a enerxía.

agalip realizou para The Kline Group un estudo do mercado dos biocidas.

Organistry

Organistry

Organistry é unha empresa independente fundada para prestar servizos de I+D a medida nos campos da química sintética e analítica.

Os servizos proporcionados por Organistry abarcan a síntese a medida, a posta a piques de métodos analíticos e os proxectos de desenvolvemento de procesos que integran ambas as disciplinas.

Para Organistry agalip realizou a súa páxina web.

Secretaría Xeral de Política Lingüística

Secretaría Xeral de Política Lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, SXPL, é o órgano superior da Administración autonómica en materia de promoción e ensino do galego e de dirección, planificación, coordinación e execución da política lingüística da Xunta de Galicia.

Para a SXPL agalip deseñou e maquetó os cursos oficiais do Celga 2 e 3.

Ao mesmo tempo a SXPL foi un dos anunciantes na nosa guía en papel O teu embarazo semana a semana.