agalip
  • Galego
  • Castelán
  • Inicio
  • Que facemos
    • Servizos
  • Casos de éxito
    • Proxectos
    • Clientes
  • quen somos
  • Blogue
  • Contacto

Internet e os maiores

  • Posted in: Novas
  • on Xaneiro 17, 2012
  • » Etiquetas: internet, maiores, usabilidade
  • » No Comments

O fantástico Alexis Madrigal propuxo que o día de Acción de Grazas convertésese tamén no día de actualizar o navegador de Internet aos teus pais ou avós. Unha idea que pode parecer simplemente divertida, pero que ten un transfondo moi importante: axuda aos teus maiores a usar as novas tecnoloxías. Botei a vista atrás pensando na miña nai, que agora escribe cousas e edita os seus propios vídeos, comparte cousas con amigos en Facebook e pilloulle o gustillo ao Twitter. O uso de internet nos maiores de 65 anos é moi inferior aos de calquera outro grupo de idade. Ponse aínda máis difícil naqueles maiores que teñen algún tipo de discapacidade ou non tiveron nunca contacto con computadores. Con todo, ofrécelles as mesmas vantaxes que a calquera outro grupo de idade e aqueles que o usan fano para o mesmo que as outras xeracións: procura de información, relacións sociais, compras… Da mesma forma que falamos moito da fenda dixital de xénero, ou entre zonas urbanas e rurais, non debemos deixar de lado a interxeneracional.

Fonte: Todd Baker

Barreiras de entrada

Hai varias razóns polas que os maiores usan pouco internet:

  • Porque non dispoñen dos medios para conectarse.
  • Se senten intimidados pola tecnoloxía.
  • Porque non aprenderon.
  • Porque teñen algunha discapacidade que llo dificulta.

Os da miña xeración deberiamos facer un esforzo a nivel persoal para reducir a brecha, axudando a superar estas barreiras nas nosas familias e achegados. Para non ter que vivir cousas como estas, por exemplo:

A nivel profesional, tamén hai moito que facer, e o primeiro paso é coñecer que distingue a este grupo de usuarios doutros, para así telo en conta. Algunhas das barreiras, xunto con posibles solucións, propostas por formadores ensinando a xente maior son:

  • Falta de destreza, problemas para manexar o rato. Solución: probar varios ratos, regular a altura da mesa, ensinar shortcuts, usar as dúas mans co rato. Consello persoal: Xogar ao buscaminas fixo que o meu pai sexa unha fera co rato.
  • Medo a cometer un erro, perder arquivos ou «romper algo». Solución: Lembrarlles que non pasa nada, que se poden recuperar as cousas.
  • Traballar con arquivos/cartafol: Pódese usar como analoxía un arquivador «real» ou gravar sempre no escritorio.
  • Refinar procuras. Solución: traballar con eles. Consello persoal: buscar xuntos algo desde a procura máis básica e ir refinando, explicando por que se engaden termos.
  • Exceso de información, distinguir os anuncios do demais, os pop-ups, etc. Solución: cambiar a páxina de inicio a Google, adestramento para identificar anuncios e para darlle á «X» de pechar.
  • Mecanografía. Solución: practicar máis, ou ir algo amodo.

Os maiores tamén teñen problemas coas actualizacións, adoita despistarlles bastante. Por iso Alexis Madrigal recomenda que se actualice o navegador, pero que non se cambie a outro, aínda que nos guste máis a nós.

Usabilidade web para maiores

W3C conta cunhas directrices de accesibilidade específicas para persoas maiores que se poden consultar aquí. O National Institute on Aging, de Estados Unidos, tamén comparte consellos moi útiles, e destaca os seguintes:

  • Separa a información en seccións pequenas.
  • Dá instrucións claras e numera cada paso.
  • Reduce o uso de xerga e termos técnicos.
  • Utiliza clics únicos de rato.
  • Se xeneroso co espazo ao redor de todo o clicable.
  • Usa 12 ou 14 para o tamaño da túa fonte e fai que sexa fácil aumentar o tamaño da letra.
  • Utiliza combinacións de cor de alto contraste, como fonte en negro sobre un fondo branco.
  • Proporciona algún medio que converta o texto en texto lido.
  • Reduce o scrolling.
  • Utiliza un motor de procura que use palabras crave e non requira caraccteres especiais ou coñecemento de termos booleanos.

Referencias

Portal para mayores: Portal científico de acceso libre e gratuíto especializado en Xerontología e Xeriatría, desenvolvido polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) e dirixido ao ámbito académico e científico, os profesionais dos servizos sociais, os propios maiores e a sociedade en xeral.

65y+: Portal da Comunidade de Madrid para os maiores de 65.

Infoelder: Portal centrado na terceira idade, con información segmentada para tres públicos obxectivo – os maiores, as persoas que os coidan e profesionais xeriátricos.

Listaxe de blogs de maiores

Alexis Madrigal e os seus artigos en The Atlantic

Leave a Reply

Prema aquí para cancelar a resposta.

  • Inicio
  • Que facemos
    • Servizos
  • Casos de éxito
    • Proxectos
    • Clientes
  • quen somos
  • Blogue
  • Contacto

Twitter / agalip

Aínda que está en inglés recomendámosvos que lle botedes un ollo a esta páxina: http://t.co/jzI3c2WM para descubrir falacias
hai 31 días
Hoxe o noso #FF é para @xBeiro @rupriet @Dale4rden @LaPelvis por aportar o seu talento e bo traballo aos nosos proxectos
hai 36 días
Unha magoa que non podamos sentir o arrecendo do papel e maila tinta. @BelaMistura gracias polo RT
hai 38 días
Follow us on Twitter

Categorías

  • Clientes (17)
  • Contido (5)
  • Novas (23)
  • O noso equipo (3)
  • Proxectos (9)
  • Servizos (4)
  • Slideshow (3)

Chíos

Aínda que está en inglés recomendámosvos que lle botedes un ollo a esta páxina: http://t.co/jzI3c2WM para descubrir falacias
hai 31 días
Hoxe o noso #FF é para @xBeiro @rupriet @Dale4rden @LaPelvis por aportar o seu talento e bo traballo aos nosos proxectos
hai 36 días
Follow us on Twitter
  • Inicio
  • Que facemos
    • Servizos
  • Casos de éxito
    • Proxectos
    • Clientes
  • quen somos
  • Blogue
  • Contacto

Contacto

Apdo de Correos 2103
15704 Santiago de Compostela
A Coruña
Tfno: 686 636 476
info@agalip.es

agalip en LinkedIn

agalip en Twitter

agalip en Facebook

  • Mapa do sitio
agalip
-Agalip S.L.- 2011
Subir ↑
  • Español
  • Galego