Proxecto: Investigación de mercado sobre os biocidas.
Cliente: Kline Group, consultoría e investigación de mercados global.
Idea: Renovar a investigación do mercado europeo sobre biocidas para os subscritores de The Kline Group.
Proceso: Integración de Lucía no equipo de analistas globais, seguindo a metodoloxía propia do cliente, para a redacción dun informe completo. A información solicitouse de fontes secundarias e tamén mediante entrevistas aos principais produtores e consumidores en Europa.
Solución: Grazas á comunicación permanente coa coordinadora do proxecto, a investigación foi conducida seguindo os estándares de The Kline Group. O mercado foi segmentado segundo as áreas de aplicación dos biocidas. Fíxose especial fincapé nos cambios que a nova lexislación europea suporían no futuro, xa que non benefician de igual forma a todos os produtos presentes e en uso. Realizáronse entrevistas para solicitar a información a nivel europeo, en inglés, francés e español a partir das cales se redactou o informe.