O consumo de contido audiovisual a través de internet disparouse nos últimos anos. Tódolos estudos demostran que os usuarios pasan máis tempo en páxinas web con vídeos que naquelas páxinas nas que só atopan texto e imaxes.
En agalip contamos có equipo e mailos profesionais necesarios para a produción de contidos audiovisuais, xa sexan para a súa distribución online, a través de DVDs ou discos Blu-Ray ou para a súa retransmisión en televisión.
Os vídeos producidos en agalip contan co deseño da rotulación e cabeceiras empregando After Effects.
Si dispón de persoal capacitado para a realización das súas producións pero non conta có equipo necesario agalip tamén ofrece a posibilidade de alugar por días o noso equipamento.
Non o dubides e contáctanos se queres máis información.
En agalip somos conscientes da importancia que ten a calidade da imaxe nunha produción audiovisual. É por elo que contamos con unha cámara Sony PMW-EX3.
Equipada con un sistema óptico intercambiable Fujinon de 1/2″ de grande calidade, tamén ofrece a posibilidade de poder montar outro tipo de ópticas HD de 1/2″ no caso de precisalo.
A cámara PMW-EX3 posúe a lexendaria marca CineAlta, que representa a optimización para a produción de cine e mailo soporte específico para a función de gravación 23.98P, a frecuencia de cadro estándar para a produción de cine. Ademais, conta con un grande número de formatos de gravación dispoñibles, entre os que se inclúen:
Un vídeo de calidade non só ten que ofrecer imaxes en alta resolución, tamén ten que contar con bo son. O audio de alta calidade é outro dos sinais de identidade da cámara PMW-EX3, que grava e reproduce dúas canles de audio sen comprimir mostreado a 48 KHz y 16 bits (PCM Lineal). Pero como as necesidades de produción demandan diferentes solucións en agalip tamén contamos para a realización de entrevistas ou de web cast con:
Os traballos producidos por agalip inclúen a seleción e adquisición dos dereitos da música que acompañe aos contidos.
A maiores contamos con outro material para responder a calquera necesidade que unha produción demande, dende un adaptador gran angular hata un dolly trípode Manfrotto 132x.
Realizado en full-HD, para a páxina web do cliente.
Destacan os detalles da decoración interior do local.
Deseño, gravación, produción e edición de 6 vídeos para o catálogo dixital da exposición retrospectiva mostrada no Auditorio de Galicia.
Os vídeos forman un conxunto que narra a historia da exposición, dende as conversacións preliminares entre o comisario e maila artista, até a inauguración, pasando por un percorrido pola exposición realizado con steadycam e o deseño dunha cabeceira con animación en 3D.
Comments are closed.